O PP retoma a campaña Facendo Cidade Contigo
Os concelleiros do Grupo Popular participan activamente nunha nova fase da campaña Facendo Cidade Contigo que se retomou, nas últimas semanas, trala relaxación das medidas covid. Esta semana houbo xuntanzas no barrio da Piringalla e tamén na parroquia de Conturiz e para a vindeira semana en axenda o martes visitaremos Calde (20.30 horas no Restaurante Picato) e o xoves estaremos no barrio da Milagrosa (20.00 horas)
Os populares márcanse como reto, neste cuatrimestre, percorrer todos os barrios da cidade así como as 54 parroquias para “que sexa a rúa un espazo de debate cara a cara e aberto a toda a cidadanía”. “Estamos moi satisfeitos porque hai caras novas, á xente ten ganas de que se lles escoite e as reunións son moi concorridas”.
Nese senso, os populares avanzan que continuarán coa estratexia de ceder parte da cuota de iniciativas que temos asignada como grupo municipal para trasladar a comisións e plenos propostas que recollamos nestes encontros.
“No PP cumprimos a folla de ruta que marcamos dende un principio. Ademáis de fiscalizar o traballo que leva a cabo o bipartito tamén somos un partido construtivo como así se demostra coas iniciativas que levamos a plenos e a comisións. Neste primeiro cuatrimestre presentamos 95 proposicións, rogos e preguntas, entre elas unha alta porcentaxe de cuestións que nos trasladaron directamente os afectados”.
O colofón a esta campaña intensiva de visitas e traballo a pé de rúa será o xantar do rural que se vai celebrar o vindeiro 5 de xuño e no que se fará unha homenaxe ao concelleiro recentemente finado Manuel López.