O PP reúne a responsables dos 5 distritos do concello de Lugo para fomentar a participación

LugoXa
Ramón Carballo, Presidente local do PP: “Con estes encontros queremos reforzar os vínculos entre o partido e as realidades específicas de cada barrio, de cada rúa"
PP-Lugo
14 Jan 2025

O presidente da Xunta Local do Partido Popular de Lugo Ramón Carballo anunciou a celebración de reunións con responsables e colaboradores dos cinco distritos do municipio, que se desenvolverán ao longo da vindeira semana na sede do PP na rúa Poeta Ramón Cabanillas 13. Estas xuntanzas teñen como obxectivo reforzar a estrutura do partido na cidade, incorporando máis persoas e cun obxectivo de contar cun representante en cada rúa e núcleo do concello de Lugo.

“Queremos consolidar un traballo en rede efectivo, que permita ser a correa de transmisión entre os veciños e o partido; queremos ter ollos e oídos en todos os recunchos do municipio, construíndo unha estrutura áxil e en constante crecemento”.

As reunións desenvolveranse segundo o seguinte calendario:

• Distrito 1: Mércores, 15 de xaneiro, ás 20:30 horas
• Distrito 2: Venres, 17 de xaneiro, ás 19:00 horas
• Distrito 3: Venres, 17 de xaneiro, ás 20:30 horas
• Distrito 4: Sábado, 18 de xaneiro, ás 10:30 horas
• Distrito 5: Sábado, 18 de xaneiro, ás 12:00 horas

Estas primeiras reunións do ano marcan o inicio dun calendario de traballo serio e comprometido. Contarán coa participación da voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, quen salientou que esta planificación reafirma “a implicación e o esforzo do Partido Popular de manter un diálogo continuo cos veciños”.

0.18334293365479