O PP reúnense cos veciños de Paradai que reclaman a paralización da urbanización da contorna do Rato

LugoXa
Os populares presentarán iniciativas no Concello e na Deputación de Lugo
pp-reunion-vecinos-paradai
12 Jul 2025

“Se José Tomé e Miguel Fernández teñen capacidade de escoita e vontade política, poden paralizar de inmediato a urbanización do entorno do Rato en Paradai”. Así o explicaron os voceiros do PP no Concello e na Deputación de Lugo, Elena Candia e Antonio Ameijide, nunha xuntanza con veciños deste barrio, na que tamén participaron concelleiros populares.

Ambos voceiros fixeron esta afirmación tras explicar aos veciños de Paradai os últimos avances realizados por Deputación e Concello de Lugo con respecto á urbanización do polígono C de Paradai, veciños cos que acordaron presentar sendas iniciativas en Concello e Deputación para deter o proceso de urbanización e manter estes espazos como zonas verdes.

Elena Candia afirmou que “Miguel Fernández ten a sartén polo mango, xa que ademais de dicir publicamente que non quere que se constrúa no entorno do Rato, ten que acompañar as súas palabras con decisións políticas”, unhas decisións que “na realidade non se corresponden o que di publicamente co que asina e impulsa nos despachos do Concello e Deputación”.

Na xunta de goberno da Deputación do 4 de xullo de 2025 acordouse:

PRIMEIRO: Aprobar ou presuposto para ou exercicio 2025 e réxime de achega de derramas dá Xunta de Compensación do Polígono C, Paradai, Lugo, non que corresponde á cota dá Deputación Provincial que ascende a doce mil seiscentos catorce euros con vinte e un céntimos) (IVE incluído).

SEGUNDO: Aprobar as Contas Anuais, correspondentes ao exercicio 2024 dá Xunta de Compensación do Polígono C, Paradai, Lugo.

TERCEIRO: Aprobar ou proxecto de compensación emendado de acordo co informe dous servizos técnicos e xurídicos municipais.

CUARTO: Tomar coñecemento dous acordos adoptados pola Xunta de Compensación do Polígono C de Paradai, Concello de Lugo, referentes á renovación de cargos do Consello Reitor e ao estado de tramitación do proxecto de urbanización desta actuación.

"Estes acordos non son menores, xa que entre Concello e Deputación de Lugo e Adif (todas administracións controladas polo PSOE) teñen o 64,9% da participación nesta xunta de compensación (o resto da participación corresponde a unha empresa privada, nun 31,7%, e a un particular, nun 3,34%) polo que poden paralizar a urbanización desta zona da cidade en calquera momento, só teñen que ter vontade de facelo”.

Pola súa banda, Antonio Ameijide explicou aos veciños que no último pleno da Deputación de Lugo (celebrado o 24 de xuño) José Tomé afirmou que seguirá adiante coa elaboración do plan parcial do S-13-R para desenvolver urbanisticamente esta zona da cidade. “A Deputación, con pouco éxito, tentouno un par de veces con pouco éxito. Agora estámolo intentando por terceira vez e eu espero que esta vez si”, foron as palabras de Tomé.

Unhas palabras que acompañou dunha clara decisión: urbanizar o entorno do Rato. José Tomé afirmou durante o pleno que “non imos a pagar a ninguén 900.000€ cando debemos cumprir algo que está firmado. Non vamos a devolver diñeiro ningún porque nos sae máis barato cumprir o acordo que facer outra cousa”.

Neste senso, Antonio Ameijide lamentou esta posición de José Tomé porque “para a Deputación paralizar o desenvolvemento do plan parcial ten un custo de 0€ porque non terá que desembolsar eses 900.000€, senón que unicamente ten que devolverlle os cartos que pagou o empresario hai 18 anos sen obter nada a cambio en 2 décadas”.

Para os populares esta postura de Tomé ten unha clara intención: “ningunear a Miguel Fernández, xa que se o alcalde di que non quere que se constrúan edificios no Rato, Tomé non tarda nin un día en afirmar que vai a desenvolver o plan parcial para trocar a cualificación dos terreos e que se poidan construír edificios na zona verde”.

⚙ Configurar cookies
0.17173004150391