O PP reúnese coas familias da escola infantil Gregorio Sanz para falar os problemas do centro

LugoXa
O PP reuniuse coas familias da escola infantil Gregorio Sanz para estudar as posibles solucións aos problemas do centro
Gregorio Sanz PP
23 Nov 2022

O Partido Popular a través de sua concelleira Macamen López pide ao concello que "arranxen o antes posible os problemas da Gardería Municipal Gregorio Sanz xa que cando chove a caldeiros hai goteiras e filtracións en corredores e nalgunha aula". Para a popular "o goberno local debe solucionar os problemas que hai nesta gardería municipal e deixarse de parches que non impiden que cada vez que chova se inunde o centro".

O pasado 15 de xullo de 2022 o PP xa denunciou problemas de climatización neste edificio pedindo que "se aproveitase o verán para buscar solucións, pero sorprendentemente pese ao peche non se fixeron obras de mantemento".  Para Macamen resulta “indecente a solución que lles deron que foi a entrega de dous ventiladores para cando vai calor, e 2 calefactores verticais para utilizar os días que vai frio".

Dende o Partido Popular afirman tamém que "a situación da Escola Infantil Gregorio Sanz cada día vai a peor, chegando a ter que desaloxar a todos os nenos e nenas por mor dunha alarma de incendio. Unha situación que preocupa, e moito, entre os pais e nais dos nenos". A raiz desta situación os concelleiros populares mantiveron unha xuntanza con algúns dos familiares para coñecer de primeira man as súas preocupacións e así poder estudar as posibles solucións a tomar.

Macamen López explica que "desde a Concellería de Educación deberíase de estudar a posibilidade de conectar a alarma de incendios co corpo de bombeiros para axilizar a súa chegada no caso dunha emerxencia, xa que onte foron as traballadoras as que deron a voz de alarma". “Se a alarma dá o aviso directamente aos bombeiros, en caso de emerxencia as traballadoras poden centrarse directamente en poñer a salvo aos nenos”, explicou.

A concelleira popular tamén pide que se estude a posibilidade de modificar a saída de emerxencias. Na actualidade está ao carón da entrada principal, polo que, en caso de emerxencia, se a entrada do centro queda bloqueada, non se pode empregar ningún dos dous accesos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18161821365356