O PP solicita o cumprimento do principio de transparencia e de información á área de Cultura

LugoXa
El PP de Lugo solicita el cumplimiento del principio de transparencia e información al área de cultura del Concello.
18 Apr 2022

Os populares consideran “frustrante que non poidan dispoñer das informacións que solicitan en tempo e prazo á concelleira de cultura a nacionalista Maite Ferreiro”. Desde o PP afirman que “este silencio administrativo non é algo puntual senón que se trata dunha práctica que se está convertendo en habitual cando necesitamos consultar ou acceder a informacións desta área do BNG”.

Os populares explican que “segundo o regulamento orgánico do Concello, deberían contestar as nosas solicitudes no prazo de cinco días” e aclaran que “das catro últimas solicitudes, algunhas presentadas fai máis dun mes, nunca se responderon e tras reclamar no departamento o acceso aos datos requiridos tampouco se nos facilitaron”.

Por este motivo desde o Partido Popular acaban de solicitar ao secretario “que medie para que se cumpra o principio de transparencia e de información aos grupos políticos da oposición”. “Non é de recibo que Ferreiro bloquee todas as peticións que facemos” matizando que “esta actitude totalitarista é impropia dun bo goberno”.

Os populares afirman que os nacionalistas parece que tamén queren competir co seu socio de goberno en ver quen é máis opaco dos dous e lembran como recentemente a Valedora do Pobo afeou á alcaldesa por poñer trabas á hora de informar sobre os contratos menores.

Os populares aclaran que os grupos da oposición xogan un papel moi importante no labor de control e fiscalización coa finalidade de preservar, entre outras cousas, a transparencia nos procesos públicos”.

Os escritos que teñen pendentes de contestación son do día 7 de febreiro unha petición de reunión para tratar o futuro do novo auditorio de Magoi, do 11 de marzo, reclamaron acceso ás contas do San Froilán 2021 e do o 28 de marzo cando solicitaron acceso e copia por escrito das follas de despacho de billetes dos espectáculos que tiveron lugar ao longo deste mandato no Auditorio Gustavo Freire. Con lestes datos queremos saber o nivel de ocupación dos espectáculos programados e verificar o número de persoas que están a asistir aos actos propios do concello”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18493294715881