O PP de Lugo solicita o reforzo do persoal do Museo Provincial na quenda de tarde

LugoXa
Unicamente hai tres persoas para atender os máis de 5.000m2 e as 29 salas desta instalación, aseguran
museo-provincial-lugo
28 Xuño 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular piden o reforzo do persoal do Museo Provincial na quenda de tarde, na que unicamente hai tres persoas para atender os máis de 5.000m2 e as 29 salas desta instalación, aseguran. O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que, segundo os datos aos que tivemos acceso, hai 6 persoas durante a mañá e só 3 pola tarde. “Semella acaído equiparar un pouco as quendas de traballo xa que durante o verán aumenta o número de turistas polo que se debería de repartir a atención en horario de mañá e tarde”, sinalou.

O popular explica que nas últimas semanas aumentou o número de visitantes que vai ao Museo Provincial, tal e como recoñeceu o propio goberno provincial, a raíz da presenza do cadro Sibila de Velázquez. “O máis razoable é distribuír o máis equitativamente posible o persoal para atender aos visitantes que percorren as 29 salas do Museo”.

O popular tamén se fai eco de queixas realizadas por algúns dos aspirantes xa que explican que había relacións de parentesco entre algún dos aspirantes e algún os membros do tribunal. “Queremos saber se isto é así e se o goberno provincial estaba ao tanto, e no caso de ser certo, que van a facer?”, sinalou.

0.16346502304077