O PP solicitou unha copia do proxecto de demolición do Garañón

LugoXa
O PP solicitou hoxe copia do proxecto de demolición do Garañón e dos plans de seguridade e de xestión de residuos
21 Abr 2023

O Grupo Municipal do Partido Popular pediu, por escrito, acceso e copia do proxecto completo de demolición do Garañón para poder estudialo e así coñecer como vai a quedar a parcela da costas do parque.

Antonio Ameijide explica que se trata “dun proxecto importante” polo que queremos poder estudar a “afectación ás parecelas colindantes, como vai a quedar a orografía do terreo e do entorno, a urbanización da zona e como afectará ás rúas Garañón e Xacobe III de Inglaterra e a Avenida García Portela.

Outro eido importante que destaca o popular, e ao que tamén se pediu acceso e copia, son dos plans de seguridade e saúde e o de xestión de residuos “que xa deberían de estar aprobados”.

Antonio Ameijide denuncia que “agora Lara Méndez ten présa, mentres os lucenses levamos anos agardando por unha solución definitiva, polo que agora cómpre garantir a seguridade de quen realiza a obra, dos edificios colindantes e saber como vai a afectar ao entorno”.

Por outra banda, o concelleiro popular sinala que tamén quere saber cal será o custe real da demolición para o Concello de Lugo, xa que aos 600.000€ hai que engadir a indemnización ao promotor pola licenza ilegal dada polo PSOE de Lara Méndez e Besteiro.

0.17885804176331