O PP sostén que “Lugo leva dous anos perdidos para dar cobertura de telefonía móvil para 15 núcleos da zona rural"
O PP urxe ao Goberno local a que poña a disposición os terreos e axilizar a concesión das licenzas para instalar antenas que garantan a cobertura móbil de 15 núcleos da zona rural.
Os populares din que “Lugo leva dous anos perdidos para dar cobertura de telefonía móvil para 15 núcleos da zona rural”, un proxecto que se enmarca dentro do convenio asinado entre axencia para modernización tecnológica de Galicia (AMTEGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
A voceira popular, Elena Candia, reclama “celeridade e máis traballo na posta a disposición dos terreos, así como axilizar a concesión de licenzas das parcelas que se precisan para colocación das antenas necesarias para garantir este servizo básico en Bacurín, Carricova, O Burgo, Hospital, San Pedro De Abaixo E De Arriba E Cabanas Alta, Locai, Marcoi, Riobó, Vilariño, Gondar e Torible E Miñao”.
A voceira do Grupo Popular, Elena Candia, a portavoz popular, di que "o goberno local non ten claro o que é importante para a cidadanía, pedimos máis xestión e menos reunións propagandísticas”, recriminando que “se retrasa un servizo esencial para a veciñanza porque non o consideran prioritario”.
Candia, reflexionou que “aínda estamos a tempo de garantir a cobertura para todos estes núcleos, pero é prioritario que o goberno local actúe sen máis demora. Non podemos permitir que a súa falta de axilidade comprometa proxectos que mellorarán a vida dos nosos veciños e veciñas”.