O PP trae a José Ramón Pin Arboleadas para unha conferencia o xoves en Lugo

LugoXa
O PP da provincia de Lugo retoma o #EspazoAbertoPopular o vindeiro xoves 21 de setembro a partir das oito da tarde na sede do Partido Popular lucense cunha conferencia do profesor José Ramón Pin Arboledas, doutor en Socioloxía e Ciencias Políticas.
Jose Ramon Pin Arboledas
18 sep 2023

O PP da provincia de Lugo retoma o #EspazoAbertoPopular o vindeiro xoves 21 de setembro a partir das oito da tarde na sede do Partido Popular lucense cunha conferencia do profesor José Ramón Pin Arboledas, doutor en Socioloxía e Ciencias Políticas.

Co seu relatorio denominado ¿Desarrollo público/privado o enfrentamiento y pobreza?, os populares continúan a abrir o partido á sociedade abordando asuntos de actualidade relevantes como é a cooperación público-privada.

O secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, considera “fundamental crear sinerxías entre a administración pública e o sector privado” porque “a súa cooperación redunda de forma positiva na sociedade”. Así, avoga por “poñer en práctica este tipo de cooperación baixo un liderado político claro” de forma que se aúnen os intereses dos tres actores: “o empresarial, o público e a cidadanía, como receptora dos servizos”. O popular especifica que “vivimos nun mundo interconectado” e, polo tanto, defende que “non se pode vivir de costas ao ámbito privado, senón que é preciso estreitar lazos”.

“Os beneficios da cooperación público-privada amósanse na implantación de técnicas innovadoras con impacto na cidadanía, dentro do marco da dixitalización, como por exemplo facendo posible o uso das pulseiras de teleasistencia para maiores”, dixo. Dende outro ámbito tamén é posible a cooperación no marco da Responsabilidade Social Corporativa.

Nodal loa o “amplo currículo formativo” do relator -enxeñeiro agrónomo, licenciado en Economía, MBA e doutor en Socioloxía e Ciencias Políticas- e a súa “experiencia no ámbito académico”. De feito, é profesor e director do Executive MBA da IESE (Universidade de Navarra), un máster para directivos recoñecido entre os ránkings internacionais. Ademais, foi reitor da Universidade do Atlántico Medio (Las Palmas de Gran Canaria) e da Universidade BARNA Management School (República Dominicana).

José Ramón Pin Arboledas é autor de libros, artigos científicos e de divulgación, colaborador en medios de comunicación e ten recibido distintos recoñecementos -Excmo. Sr. Membro da Orden ao Mérito Constitucional, Gran Cruz Jaume I da Generalitat Valenciana, Medalla académico-empresarial da Universidade BARNA Management School- ademais de exercer na política activa como deputado no Congreso, na Asamblea da Comunidade de Madrid, no Parlament preautonómico de Valencia e concelleiro do Concello de Madrid.

0.20765709877014