O PP ve no Tribunal administrativo de recursos contractuais "outro chiringuito de Tomé"

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
“Seguen a dar forma a outro chiringuito máis de Tomé”.
PP Pleno Deputación decembro 2023
19 Mar 2024

“Seguen a dar forma a outro chiringuito máis de Tomé”. Así de contundentes se amosan os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo tras ter coñecemento de que o presidente provincial segue adiante coa creación deste órgano, que PSOE e BNG aprobaron nos plenos de xullo e outubro, en ambas as ocasións co voto en contra do PP.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, dubida da “utilidade” que este tribunal xa que “os competentes para a resolución deste tipo de asuntos son os tribunais autonómico e nacional”. “No seu momento esiximos luz e taquígrafos e mantemos a nosa esixencia”, afirmou.

Ameijide recorda que esta fin de semana Tomé anunciou os nomes das persoas que formarán este tribunal e afirmou que se crea para “coñecer e resolver cunha maior axilidade e eficacia os recursos especiais en materia de contratación da Deputación e tamén dos concellos que queiran usar este servizo”, unha afirmación que o voceiro popular pon en dúbida xa que “o TACGal é o tribunal máis áxil de España xa que resolver un trámite completo en 14 días”. “PSOE e BNG deben aclarar como se realizou o proceso de selección”, indico, dado que ningún é especialista en dereito administrativo.

O TACGal creouse en Galicia hai máis de 5 anos e dá servizo a todas as entidades locais de Galicia para contratos de máis de 3 millóns de euros ou de subministros e servizos de máis de 100.000 euros, unhas competencias que “o goberno provincial quere duplicar, non sabemos moi ben con que obxectivo”.

Ameijide explica que en Galicia non existen tribunais provinciais deste tipo. Só hai a única excepción de Vigo, que o creou antes de que existira o TACGal, pero nunca chegou a entrar en funcionamento. A nivel nacional, unicamente funcionan en Andalucía, pero debido ás características territoriais desta comunidade, xa que é moi extensa.

Neste senso, dende o Grupo Provincial Popular esixen a Tomé que explique publicamente os motivos de duplicar funcións creando “chiringuitos” e aumentando o gasto. “Tamén debería de explicar se as persoas designadas son afíns a PSOE e BNG”, sinalaron.

Dende o PP esíxese a Tomé que en lugar de crear novos órganos que “semellan non ser necesarios” teña a vontade suficiente para destinar o seu traballo e esforzo a arranxar e ter en bo estado a rede de estradas provincial ou a dar un trato igualitario a todos os concellos da provincia, en lugar de destinar os recursos en convenios con aqueles concellos afíns e da súa cor política.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18552112579346