O prazo de solicitudes de uso gratuíto das instalacións municipais de Lugo xa está aberto

LugoXa
Os clubs e asociacións deportivas federadas interesadas en facer estas peticións poderán realizala ata o vindeiro día 30 de maio
pavillon-deportes-vello-lugo
15 May 2025

Abre o prazo para presentar as solicitudes de utilización gratuíta das instalacións municipais a todos os clubs e asociacións deportivas federadas, de cara á tempada 2025-2026.

Así, o Concello de Lugo porá a disposición destas entidades as máis de 30 instalacións deportivas con que conta o municipio para a súa utilización gratuíta, nunha clara aposta pola promoción do deporte de base e das categorías inferiores.

Os clubs e asociacións deportivas federadas interesadas en facer estas peticións poderán realizala ata o vindeiro día 30 de maio, vía telemática, e por Rexistro Xeral á Concellería de Xuventude e Deporte.

⚙ Configurar cookies
0.17132997512817