"O prazo para reclamar os gastos hipotecarios remata en xaneiro de 2024"
Salvatierra Avogados é un despacho en Lugo especializado en dereito bancario, concretamente na xestión da devolución dos gastos hipotecarios. Falamos con Albert Rodríguez sobre este procedemento e os requisitos necesarios para solicitalo.
Cando nace e que é Salvatierra Avogados?
O Despacho de avogados Salvatierra nace no 2007, especializado na prestación de servizos tanto a empresas como a particulares. Temos experiencia en varias áreas do dereito polo que prestamos un servizo integral a cada un dos nosos clientes.
Somos capaces de ofrecer solución aos problemas xurídicos, dúbidas ou consultas que os nosos clientes nos expoñen, dunha forma rápida, económica e eficaz.
Onde podemos atopalos?
A nosa sede principal está en Lugo, en San Roque 14-20, no entresollado pero contamos tamén con despachos na Mariña ubicados en Foz e Viveiro.
Que servizos ofrecen?
Traballamos tanto dereito laboral como de familia ou contencioso administrativo. Tamén ao longo da nosa traxectoria profesional resolvemos con éxito a anulación e a recuperación de investimentos en produtos bancarios; especializámonos nas novas áreas do dereito como é o caso do dereito bancario. Esta especialidade ocúpase das normal xurídicas que regulan ás institucións de crédito e as súas operacións, así como ao conxunto de relacións que manteñen cos usuarios de banca e dos seus servizos.
Dentro do dereito bancario, contan con especialización nalgunha área?
No ámbito do dereito bancario actualmente estamos especializados na xestión da devolución dos gastos hipotecarias.
Quen se pode acoller a esta reclamación dos gastos hipotecarios?
Todas aquelas persoas que adquiriran un inmoble como vivenda antes do ano 2019 poden reclamar estes gastos hipotecarios.
Que tipo de gastos son os que se poden reclamar?
Dentro dos gastos hipotecarios que se poden reclamar atópanse aqueles derivados da taxación, xestoría, pago da notaría e rexistro da propiedade que os particulares tiveron que pagar cando firmaron a hipoteca e que a entidade bancaria debe devolver.
Ademais dos gastos hipotecarios o banco está obrigado a pagar os intereses correspondentes, independentemente do tempo transcorrido.
Existe un prazo concreto para realizar esta devolución?
Si, o prazo para que as persoas interesadas reclamen os gastos hipotecarios remata en xaneiro do vindeiro ano, 2024. Por iso é moi importante comezar os trámites canto antes.
Dende Salvatierra Avogados axudamos e facilitamos todos os trámites e solventamos calquera dúbida que poda aparecer durante o proceso. No caso de non atopar a documentación necesaria contamos con diferentes opcións para conseguila e axudamos a todos os nosos cliente a reunila.
Pódense reclamar os gastos de máis dunha hipoteca?
Si, tanto se a hipoteca se constituiu sobre unha vivenda habitual como sobre outro tipo de residencias non importa, os clientes están no seu dereito de reclamar os gastos de todas e cada unha das hipotecas que teña.
E si xa se cancelou a hipoteca?
Neste caso a cancelación non afecta xa que a cláusula é nula, polo que no hai prescrición para solicitar a sua nulidade e o único necesario sería acreditar os gastos que houbo cando se constituíu a hipoteca.