O presidente da AECC en Lugo, José Manuel Rozas, trasladou as inquedanzas do colectivo

O presidente da AECC en Lugo, José Manuel Rozas, mantivo unha reunión co tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, que se lle desexaron "moito éxito" nesta nova etapa á fronte da entidade e subliñaron que "seguiremos colaborando nas diversas iniciativas que se propoñan".
Durante a reunión, Arroxo escoitou as inquedanzas deste colectivo e proporcionou información sobre os proxectos máis inmediatos que está a impulsar a área de Mobilidade e Infraestruturas.
Arroxo asegurou que o executivo local atenderá as suxestións e peticións expostas tanto polas asociacións como pola cidadanía de Lugo.
"Traballamos para continuar mellorando a cidade", manifestou, e engadiu: "Desde o Goberno analizamos todas as propostas, sempre coa finalidade de optimizar os espazos públicos de Lugo".