O presidente da Deputación recibe ao ministro da embaixada de Cuba

LugoXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este luns no Pazo de San Marcos ao Ministro Conselleiro da Embaixada de Cuba en España, Alejandro Núñez Padrón, e á Conselleira Cultural, Natacha Del Riego Vidal.
9 Xan 2024

Fou un encontro no que tamén participou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e que serviu para fortalecer os lazos entre a comunidade lucense e o pobo cubano, potenciándoos como un factor de desenvolvemento.

O mandatario provincial fíxolles entrega aos representantes cubanos dun libro que recolle a historia do Pazo provincial e unha réplica da fachada do edificio de San Marcos.

0.17425489425659