O presidente da Federación Empresarial de Serradoiros tras visitar unha fábrica de Altri: "Galicia necesita I+D forestal"

LugoXa
Unha delegación de representantes da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga), encabezada polo seu presidente, Elier Follea, acudiu a Portugal para coñecer de primeira man as instalacións de Altri e os proxectos de xestión forestal e investigación sobre a biodiversidade que está a emprender nese país.
Visita Fearmaga altri
3 May 2024

Unha delegación de representantes da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga), encabezada polo seu presidente, Elier Follea, acudiu a Portugal para coñecer de primeira man as instalacións de Altri e os proxectos de xestión forestal e investigación sobre a biodiversidade que está a emprender nese país.

Previamente, os representantes dos serradoiros tiveron a oportunidade de coñecer a fábrica de Biotek, en Vila Velha de Rodao, que xera 200 empregos directos cunha media de idade de 41 anos. Ademais, un investimento económico de máis de 136 millóns de euros no últimos seis anos e a posta en valor de todos os produtos que entran no proceso de fabricación levou a estas instalacións para utilizar a metade de auga nos procesos que outras empresas do sector, convertendo a Altri na referencia mundial na utilización deste recurso.

“Dispoñemos dunha tecnoloxía punteira no ámbito do tratamento da auga, a filtración por membranas, que incorporaremos á planta de Palas de Rei para devolver a práctica totalidade deste recurso ao Ulla sen alterar as condicións actuais do río”, afirmou Pedro Baptista, director de operacións de Altri en España.

Ademais, o directivo sinalou que actualmente as plantas de Altri utilizan nos seus procesos de produción a metade de auga que a media do sector. Na súa intervención,  lembrou tamén que a pegada de carbono do lyocell de Greenfiber é de 0,1 tn, fronte ao 5 ou 12 do algodón e poliéster, respectivamente. “Gama é un proxecto de futuro e preparado para a reciclaxe da industria téxtil. A industria textil mundial vai ir cara aí, porque non poden seguir producindo produtos que non se poidan reciclar”.

Os representantes de Fearmaga mostraron interese sobre o traballo de I+D que o grupo desenvolve no seu viveiro de Quinta do Furadoiro, que produce 7 millóns de plantas anuais certificadas. Alí coñeceron avances en ámbitos como a mellora xenética dos eucaliptos, a sustentabilidade das plantacións mediante e o estudo de novas técnicas e pragas. Neste sentido, o presidente de Fearmaga manifestou que “estamos a favor de calquera proxecto industrial que poña o valor o monte galego que conte co aval ambiental das autoridades. Galicia necesita I+D forestal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18375706672668