O presidente da Moexmu recoñeceu á Deputación o seu "apoio continuo"
LugoXa | TerraChaXa
Este ano, a institución provincial achegou 8.000 euros para colaborar con este evento que reuniu a milleiros de persoas
16 Nov 2024
A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu no Pazo de San Marcos unha insignia da Moexmu en recoñecemento ao “apoio continuo” da Deputación de Lugo ao longo dos anos.
O presidente da Asociación de Empresarios de Muimenta e coordinador da mostra expositiva Moexmu, José Manuel Rus, recoñeceu o ”apoio continuo” da Deputación de Lugo ao longo dos anos para a celebración deste evento.
Durante o desenvolvemento do acto, que tivo lugar na Sala de Xuntas da sede provincial, Rus agradeceu á deputada “o compromiso da institución provincial coa mostra chairega”.
Este ano, a institución provincial achegou 8.000 euros para colaborar con este evento que reuniu a milleiros de persoas.