O programa Acelera Pemes estará mañá en Castroverde

LugoXa
Este luns, 16 de outubro o Concello de Castroverde contará coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.
acelera peme programa
15 Out 2023

Este luns, 16 de outubro o Concello de Castroverde contará coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.

Estarán en primeiro lugar ás 17.30 horas na praza do Concello.

Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

acelera pemes deputacion
0.20872211456299