O programa Acelera Pemes estará mañá en Portomarín
LugoXa
Este xoves, 26 de outubro, o Concello de Portomarín contará coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.
25 Out 2023

Estarán en primeiro lugar ás 12.30 horas na praza do Concello.
Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.