Institutos da provincia acóllense ao programa para previr o consumo de alcohol na mocidade

TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa
O programa 'Apuntámonos a non beber' levará charlas sobre o consumo de alcohol a centros educativos
botellas cervexa alcol
13 Mar 2023

O alumnado de catro centros de ensino da provincia participa este curso no programa da Xunta Apuntámonos a non beber, que ten por obxecto previr o consumo de alcohol entre os menores de idade.

Así, ao longo do curso, o Colexio da Asunción de Sarria, o Dr. López Suárez do Saviñao, Luis Díaz Moreno de Baralla e o IES Fonmiñá da Pastoriza acollerán charlas e intervencións de profesionais do ámbito sanitario dirixidas aos rapaces, ao profesorado e ás familias, coa finalidade de previr que os mozos e mozas destas idades tomen alcohol e atrasar o inicio do seu consumo.

As próximas xornadas programadas serán o 24 de marzo en Sarria, o 29 na Pastoriza e o 30 en Baralla.

Nestas sesións abordan cuestións como a definición de adición, as consecuencias de beber alcohol na saúde, os riscos que implica, as recomendacións da OMS, o problema social que supón, a lexislación vixente en Galicia arredor deste tema, os mitos que existen e o papel das familias á hora de inculcar hábitos de vida saudables.

Así mesmo, cada aula participante elabora un traballo en equipo que consiste na preparación dunha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas en calquera soporte (pode ser o deseño dun slogan, unha páxina web, un perfil nalgunha rede social ou ben outras propostas).

Ao final, haberá un premio para os tres mellores proxectos.

0.13856196403503