O programa de desenvolvemento rural de Galicia acada o 90 % da súa execución

LugoXa | TerraChaXa
Así se puxo de manifesto na reunión mantida este mércores en Castro de Rei
comite-seguimento-plan-desenvolmento-rural
12 Jun 2025

O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, acompañado polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño; e pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, presidiu a reunión do 41º Comité de seguimento do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, celebrado en Castro de Rei, onde destacou o grao de execución da Consellería, que supera o 90%.

En concreto, a 31 de decembro de 2024, a execución alcanzaba o 91,4% respecto ao orzamento programado. Estes niveis superan a media estatal (86,3%) e europea (88,2%). Estas cifras sitúan o PDR de Galicia no quinto posto entre as programas españois con maior execución e o primeiro Feader con máis de 1.000 millóns de euros.

Estes datos puxéronse en valor no marco deste Comité de seguimento do PDR, que tamén validou o informe anual de execución dos fondos Feader/Euri. A comunidade contou cunha dotación programada superior os 1.224 millóns de euros, asignados para o período de execución que remata o 31 de decembro deste ano.

A reunión do comité rematou coa visita á explotación gandeira Granxa Grixeira, situada en Cospeito, un proxecto que estivo cofinanciado con fondos Feader.

⚙ Configurar cookies
0.13199615478516