O programa Erasmus+ celebrou no día de onte unha xornada informativa

LugoXa
Máis dunha vintena de mozos e mozas participaron onte na xornada sobre o programa Erasmus+ celebrado na comarca de Lugo.
erasmus reunion
26 Maio 2021

Máis dunha vintena de mozos e mozas participaron no día de onte na xornada sobre o programa Erasmus+ celebrada na Delegación Territorial da Xunta e promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da comarca de Lugo. 

Versace, consultor de proxectos europeos e informador xuvenil, ofreceu pautas e consellos concretos para elaborar un bo proxecto que poida resultar seleccionado e financiado no marco do programa; tamén se realizaron pequenas sesións prácticas en grupos.

0.11647891998291