O proxecto da nova glorieta da N VI coa rúa Alfonso X materializase trala publicación no BOE

LugoXa
El BOE publica el proyecto de la nueva rotonda de la N VI con la calle Afonso X en Lugo que tendrá un presupuesto de 409.944 euros.
sinatura convenio Ministerio Deputacion Concello construción rotonda NVI
28 Dec 2021

A alcaldesa de Lugo aplaudía hoxe a publicación no BOE do anuncio de licitación para construír unha nova Glorieta na confluencia da N VI coa rúa Alfonso X O Sabio.

“A mellor mostra do compromiso real que o Goberno Central ten coa nosa cidade: o reflexo, nun documento oficial, de que o proxecto comeza a materializarse”, sinalou Lara Méndez.

A rexedora agradeceu ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o cumprimento do convenio, asinado o pasado mes de xuño, para sacar a contratación a obra antes de que rematara o ano co fin de “dotar ao municipio dunha infraestrutura acorde ás necesidades dos e das lucenses que permitirá mellorar a situación do tráfico nunha das principais arterias de comunicación da capital”, engadiu.

Méndez lembrou, alén, a complexidade da súa tramitación, para a que foi necesario realizar varias correccións que dilataron a finalización do proxecto, e puxo de manifesto o impulso dado ao mesmo durante o último ano cando a Administración local formalizou a transmisión ao MITMA dunha superficie de 476’78 m² onde se asentará a nova rotonda.

“Un acordo - enfatizou a rexedora – que obedece ao entendemento, en prol do interese xeral, de tres administracións distintas – Estado, Deputación e Concello - que camiñan da man, na mesma dirección, para obter logros que revertan en beneficio de toda a cidadanía porque son precisamente obras como estas, pequenas pero moi importantes, coas que se acada a cohesión dos territorios e se lles posibilita o seu crecemento”.

Lara Méndez subliñou que a nova dotación “suporá en Lugo un antes e un despois na mobilidade urbana xa que axudará a desconxestionar a circulación nunha zona de gran afluencia de vehículos na que conviven instalacións deportivas con outras educativas, mellorando a seguridade viaria e facilitando a incorporación do tránsito que circule por esta vía cara Aceña de Olga”, concluíu.

A intervención, que disporá dun orzamento de 409.944 euros, ten, como características técnicas máis destacadas que a glorieta, para a que se adecuarán 2.929 m³ de chan, terá un diámetro de 50 metros. Os carrís que a integran disporán dunha anchura de 4 m, mentres que a dos viais de acceso será de 3’5 m. Para acometer os traballos será preciso escavar, en total, 5.896 m3 de terra e empregaranse outros tantos de saburra artificial, así como 469 m² de terra vexetal e 660 m³ de semente de pradeira.

0.19945788383484