O proxecto de urbanización da Palloza de Outeiro de Rei está en información pública

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei mantén en exposición pública o proxecto de urbanización, de alumeado e de reparcelación do sector da Palloza.
proxecto da urbanizacion palloza
7 Xan 2022

O Concello de Outeiro de Rei mantén en exposición pública o proxecto de urbanización, de alumeado e de reparcelación do sector da Palloza, que foi aprobado de forma inicial xusto antes do Nadal.

A urbanización desta zona quedara pendente de rematarse e tras varios anos sin realizar ningún tipo de traballo por parte do promotor, os veciños mostraron en varias ocasións a súa preocupación ao Concello polo estado no que se atopaban os viais e os servizos da Urbanización, xa que levaban varios anos sen alumeado públicos, sen auga da traída, sen pavimentacións, etc.

Así, as obras consisten no asfaltado e colocación de baldosa nas beirarrúas, o cambio de colectores residuais e pluviais, o entronque á rede de abastecemento de auga, o cambio da rede de telefonía e rematar a do gas.

Así mesmo está prevista o acondicionamento dunha zona verde para a creación dunha zona de xogos infantís. Neste lugar construiranse paseos, sembrado de céspede, plantación de árbores e construción dunha zona de xogos con 2 randeeiras, un tobogán e un areeiro limitados por unha valla de madeira.

O prazo de execución será de oito meses cun ano de garantía e o orzamento é de 1.068.535 euros.

ALUMEADO

Cun orzamento diferente está previsto acometer dúas obras vinculadas ao alumeado, por unha banda a instalación da rede de baixa tención, cun orzamento de 152.982 euros e pola outra a instalación do  alumeado público para esta urbanización, que teñen un presuposto engadido de 163.863 euros.

O proxecto supón a implantación de puntos de luz eficientes, grazas aos reflectores desenvolvidos especificamente para os usos aos que se destinan, que conseguen obter o máximo rendemento ás lámpadas instalada con tecnoloxía LED, evitar cegamentos, control da emisión cara ao hemisferio superior de luz (reducindo ostensiblemente a contaminación lumínica nocturna).

Iluminarase a zona urbana residencial con vial de tráfico rodado e beirarrúas e a lámpada de utilización será luminaria será LED.

Todas estas accións completaranse co proxecto de reparcelación da urbanización, co que se repartirán os gastos das obras anteriores entre o Concello e os propietarios dos terreos, que se dividirán en 39 parcelas.

0.18989300727844