O proxecto I-ReWater da EPSE de Lugo organizará a REUSE EUROMED 2026

LugoXa
Este evento científico está dedicado á reutilización de auga urbana rexenerada no Mediterráneo e Europa
Reunion-ReWater-Montpellier-EPSE-Lugo
8 Nov 2024

O proxecto I-ReWater, coordinado polo profesor da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE), Javier J. Cancela, organizará a edición 2026 da Conferencia Euromediterránea sobre Reutilización de Augas Residuais (REUSE EUROMED 2026).

Este evento científico está dedicado á reutilización de auga urbana rexenerada no Mediterráneo e Europa, centrándose nos múltiples usos relacionados coa reutilización de augas residuais tratadas e augas non convencionais a diversas escalas.

A previsión inicial é que o evento teña lugar a mediados de 2026 nunha localización que se anunciará en próximas semanas.

REUSE EUROMED 2026 volverá reunir persoal investigador, profesionais da auga, responsables políticos e especialistas para compartir experiencias e puntos de vista sobre a reutilización de auga en Europa, incluíndo casos de éxito, análise de fracasos, perspectivas e enfoques metodolóxicos relacionados co deseño, posta en funcionamento e avaliación de proxectos de reutilización, claves nun contexto de cambio climático.

A solicitude para ser anfitrións do foro formalizouse durante a última edición deste foro que se desenvolveu en Montpellier (Francia) e á que asistiu o consorcio de I-ReWater para avanzar os resultados dos primeiros dez meses de traballo desta investigación aplicada.

Durante o seu relatorio, Javier J. Cancela presentou a metodoloxía para a elaboración da futura ‘Estratexia de Uso da auga Rexenerada no Regadío para o espazo SUDOE’ e explicou os ensaios realizados en varios dos quince pilotos localizados en España, Portugal e Francia acompañado de varios socios.

Ademais, o cartel cos resultados do estudo de Análise de Ciclo de Vida (ACV) do piloto realizado na Rioxa recibiu o galardón de mellor póster de REUSE EUROMED 2024.

“O encargo da organización de REUSE EUROMED ao consorcio I-ReWater demostra a relevancia do traballo que realizamos en 2024. Este evento dentro de dous anos permitiranos, ademais, expoñer os principais fitos e resultados que obteremos, así como a presentación do Hub I-ReWater a nivel estatal e europeo”, afirmou Javier J. Cancela.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18847012519836