O próximo sábado o Corgo organiza a súa XIII Carreira Popular
O Concello de O Corgo organiza a XIII Carreira Popular de O Corgo-Memorial Quique Casanova o vindeiro sábado 22 de outubro.
A saída e meta terán lugar nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso e circuíto de 10,5 quilómetros será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización.
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade e a carreira contará con diferentes categorías. Todas as categorías máster e sénior realizarán a saída ás 17.35 e completarán un percorrido de 10,5 quilómetros. Para os nados entre 2010 e 2005 a saída será ás 17.20 e terá un percorrido de 1800 metros e para os nados nos anos 2011 ou 2012 o percorrido será de 1000 metros e a saída terá lugar ás 17.10.
Os mais pequenos tamén poderán participar, aqueles nacidos entre o 2015 e o 2013 realizarán un percorrido de 500 metros con saída ás 17.05 e os nacidos no 2016 ou posteriores competirán nunha distancia de 150 metros con saída ás 17.00.
As inscricións están abertas ata o próximo 18 de outubro a través da páxina da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com e serán gratuítas para os menores e terán un custo de 5 ou 10 euros para os adultos.
A entrega de premios será ás 17.40 para as carreiras de menores que serán agasallados con medallas. Para os adultos haberá entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados con premios en metálico para as categorías masculina e feminina e terá lugar ás 19.00.