O PSdeG de Lugo destaca o avance e a cohesión da organización tras unha nova reunión da Executiva Provincial

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
José Tomé subliña que o partido “é o único que pisa o territorio e escoita á cidadanía” e salienta a utilidade dos encontros comarcais e da recente misión institucional en Uruguai e Arxentina
reunión-da-Comisión-Executiva-Provincial-PSOE
12 Nov 2025

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu unha nova reunión da Comisión Executiva Provincial, que tivo lugar na sede do partido na capital lucense. O encontro serviu para facer balance da intensa actividade política das últimas semanas e para definir as prioridades de cara ao final do ano.

A dirección provincial puxo en valor especialmente os avances logrados nos encontros comarcais celebrados na Mariña, na Terra Chá e no Suroeste, que segundo salientaron, se están consolidando como unha ferramenta eficaz para reforzar a coordinación interna, recoller propostas do territorio e fortalecer o contacto directo coas agrupacións locais.

Tomé destacou que estas xuntanzas “están a dar resultados moi positivos, porque permiten que a voz da militancia e dos concellos chegue directamente á dirección provincial”. Engadiu ademais que “o PSdeG-PSOE é o único partido que está a pisar o territorio, escoitando e traballando concello a concello, con presenza real e compromiso coa cidadanía”.

Durante a sesión tamén se abordou a axenda política das vindeiras semanas, na que figuran dúas citas clave: o Comité Nacional do PSdeG e o Comité Provincial de Lugo, encontros que servirán para afondar na coordinación orgánica e fixar as prioridades do novo curso político.

A Executiva analizou igualmente a recente viaxe institucional encabezada por José Tomé a Uruguai e Arxentina, unha misión destinada a fortalecer as relacións institucionais e económicas con ambos países, abrir novas oportunidades de cooperación e dar proxección internacional á provincia de Lugo. O secretario xeral asegurou que “Lugo demostrou nestes días que é unha provincia con capacidade, talento e visión. Esta misión foi un paso adiante para abrir mercados, establecer alianzas e facer visible o noso potencial fóra de Galicia”.

O encontro evidenciou, segundo a dirección provincial, o fortalecemento do PSdeG-PSOE de Lugo, que se presenta como un partido unido, con presenza en toda a provincia e preparado para liderar as respostas que demanda a cidadanía. “O socialismo lucense vive un momento de avance e cohesión que está a marcar o rumbo do futuro político da provincia”, concluíu Tomé.

⚙ Configurar cookies
0.075143098831177