O PSdeG de Portomarín vé unha falta de respecto o abandono da Alcaldía por parte de Serrano

LugoXa
Os socialistas da provincia consideran que o recente congreso do PP lucense quedou mal pechado e mostra un liderado raquítico e sectario.
juan serrano alcalde portomarin
20 Out 2021

A voceira do PSdeG no Concello de Portomarín, Silvia Rodríguez, considera unha falta de respecto cara os veciños e veciñas que Juan Serrano lles ocultase o abandono da Alcaldía, unha opacidade total “que xerou desconcerto entre a veciñanza, que se tivo que enterar polos medios de comunicación, pero tamén no propio Partido Popular”. “O mínimo que merecen os veciños, aos que todos os representantes políticos nos debemos como servidores públicos, é información e transparencia, que demos a cara sempre, ante calquera decisión que tomemos”, subliñou Silvia Rodríguez.

 Para a portavoz socialista, “a marcha do alcalde é a culminación da tónica de caos que se vén dando no Concello nos últimos meses”, como por exemplo ocorreu coa aprobación dos Orzamentos, e pregúntase “que hai detrás”, porque “chama poderosamente a atención que o abandono se produza pola porta de atrás, como ás agochadas, e tan só un mes despois do congreso provincial do Partido Popular que, evidentemente, quedou mal pechado”.

DIVISIÓN NO PP

Os socialistas da provincia cren que a situación de Portomarín é unha mostra máis da profunda crise que está a vivir o Partido Popular na provincia de Lugo. "O caso de Portomarín súmase ás situacións de división interna en Viveiro ou Vilalba; ás manifestacións do alcalde de Friol contra o conselleiro de Medio Rural; ou ó recente portazo de José Manuel Balseiro, que dixo publicamente que Elena Candia non respectara os termos dos seus acordos políticos no marco do congreso provincial dos populares, indicou.

" O Partido Popular de Lugo está inmerso nun proceso de división e enfrontamentos internos que o leva a estar máis pendente dos seus problemas orgánicos que das necesidades dos e das lucenses. Despois dun congreso mal pechado, Candia lidera un PP raquítico e sectario, que non aposta polo municipalismo e cuns referentes que non teñen outro horizonte que pelexar polos seus sillóns orgánicos", concluíu.

0.16393995285034