O PSdeG-PSOE reuniuse este martes para dar inicio ao curso político

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Na súa intervención, José Tomé Roca fixo balance da actividade desenvolvida na provincia e sinalou as prioridades inmediatas
reunion-psoe-provincial
10 Sep 2025

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes unha nova reunión da Comisión Executiva Provincial, celebrada na sede do partido na capital lucense.

O encontro serviu para abrir oficialmente o novo curso político na provincia, marcar as liñas estratéxicas de actuación e reforzar a coordinación interna de cara aos vindeiros meses.

Na súa intervención, José Tomé Roca fixo balance da actividade desenvolvida na provincia e sinalou as prioridades inmediatas. Así mesmo, informou á Executiva dos principais asuntos tratados na Comisión Executiva Nacional Galega celebrada o luns 8 de setembro, que marcarán o rumbo político do partido na provincia.

Entre os temas abordados, destacou o plan de visitas ás agrupacións locais, unha iniciativa que busca reforzar a proximidade coa militancia e recoller de primeira man as súas achegas co obxectivo de enriquecer a folla de ruta socialista.

Con esta nova xuntanza, o PSdeG-PSOE na provincia de Lugo reafirma o seu compromiso cun partido mobilizado, activo e próximo, decidido a seguir facendo avanzar o seu proxecto ao servizo da cidadanía lucense.

⚙ Configurar cookies
0.13417506217957