O PSOE de Antas de Ulla critica a capacidade de traballo do PP no Concello
A Voceira Socialista de Antas de Ulla, Pilar García Porto criticou hoxe a nula capacidade de traballo e organizativa do Goberno do PP de Antas de Ulla. Así o dixo trala celebración da sesión plenaria que debería celebrarse xa fai máis dun mes, tal e como marca o pleno de organización. “Pero lamentablemente na nosa vila as cuestións importantes como por exemplo a aprobación do orzamento, vamos máis amodo con atraso é o que é mais grave, sen ningún rumbo”, criticou.
García Porto rexeitou a aprobación do orzamento xeral, da que a día de hoxe e trala súa aprobación no pleno, o grupo socialista aínda non puido obter unha copia para poder analizalo en profundidade. “Votamos en contra do orzamento do PP porque por eneísima vez pedimos ao Alcalde e ao seu equipo, que para traer este documento para a súa aprobación, primeiro teñen que cumprir a legalidade. Isto que quere dicir. Que denunciamos novamente que o orzamento da entidade municipal ÉPICA S.L. debería estar aprobado na súa propia Xunta Xeral, e sempre antes de chegar ao pleno, como vimos denunciando insistentemente dende fai varias anualidades”.
A Voceira Socialista tamén puxo enriba da mesa “a desastrosa a xestión económica que esta executando o Alcalde de Antas de Ulla coa solicitude varios créditos para facer fronte a proxectos da nosa vila”. “Xa no mes de novembro o Alcalde e o equipo de goberno aprobou a tramitación dun crédito de 190.000 euros para pagar facturas derivadas da contratación e execución de obras con cargo a diferentes subvencións. Preguntámonos como se pode facer unha licitación e contratación pública ser ter consignación orzamentaria, sen facer a correspondente reserva de crédito para a execución das obras. Agora, no orzamento reflíctese en operacións de crédito a corto prazo unha deberá total de 314.602,27 euros en 4 créditos. Á que lle hai que sumar 294.648,31 euros a longo prazo, do que resulta unha débeda total de 609.250,58 euros. Polo tanto a cada veciño de Antas de Ulla en base ao orzamento municipal para o 2022 correspóndelle unha débeda por habitante de 320 euros”.
274.301 euros da Deputación para 2022
García Porto lembrou tamén que trala aprobación do Plan Único da Deputación, o Concello disporá neste orzamento 2022 de 274.301 euros, que poderá destinar a mellorar calidade da nosa veciñanza. “Un investimento real que beneficiará directamente a toda a veciñanza e a tódalas parroquias”, remarcou a voceira.
O PP rexeitou mellorar os servizos de captación de auga
Nesta mesma sesión plenaria o Grupo Socialista de Antas de Ulla defendeu unha moción para mellorar os servizos de captacións de auga existentes, co fin de dar abastecemento a tódolos fogares. “Pero unha vez máis atopamos o NON do PP. Estas son as políticas do PP mirar cara a outro lado cando existe un problema e ignoralo, esperando que se arranxe só”, replicou.
Dende o PSdeG-PSOE de Antas de Ulla trouxeron esta moción para o seu debate no pleno, tras manter varias xuntanzas coas veciñas e veciños que demandaron melloras neste servizo. “Ademais hai moitas tubaxes de uralita, que contén amianto, polo que se deberían cambiar por outras con materiais non prexudiciais para a saúde. E tamén creemos que é necesario que este servizo que pagan todos os veciños e veciñas, teña un control eficiente por parte do Concello xa que é responsable da súa xestión, sen atrasar os cobros durante varios anos, como xa sucedeu na nosa vila”.