O PSOE de Castro avanza investimentos da Deputación en Triabá e Ludrio

TerraChaXa | LugoXa
O PSOE de Castro avanza investimentos da Deputación en Triabá e Ludrio procedentes de remanentes do Plan Único 2021.
concelleiros psoe castro de rei na parroquia de triaba_portada
23 Feb 2022

O voceiro socialista de Castro de Rei, José Luis Castro Tellado avanzou que a Deputación de Lugo, que preside José Tomé Roca aprobou na pasada Xunta de Goberno aplicar remanentes do Plan Único 2021 para novas actuacións no Concello. “Concretamente investiranse 43.287,81 euros para á pavimentación e rexeneración de accesos en Triabá e Ludrio”, sinala.

O voceiro explicou que nas pasadas anualidades, a través do Plan Único da Deputación, “percibimos nos últimos 3 anos un investimento de 1.113.369 euros, aos que sumar os 395.470 euros deste ano 2022, e que deben adicarse a obras e servizos de competencia municipal. Polo tanto estamos diante dun investimento económico para a veciñanza de Castro de Rei da Deputación de Lugo dun total de 1.508.839 euros, estas son as contas reais”, afirma Castro.

“A veciñanza de Triabá e Ludrio agora poderá ver mellorado os accesos aos seus núcleos gracias a este novo investimento do organismo provincial, e ademais escoitase á veciñanza que demandou melloras nestes viais, e dos tamén se fixo eco o grupo Socialista de Castro de Rei”, explica Castro Tellado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14127707481384