O PSOE de Castro demanda o arranxo de pistas en Santa Leocadia e Pacios
O voceiro Socialista de Castro de Rei, José Luis Castro Tellado avanzou hoxe que defenderá unha moción na vindeira sesión plenaria, coa que reclama o arranxos de tres camiños municipais, con fondos que dispón da Deputación de Lugo.
Concretamente demanda melloras na pista do cordón na parroquia de Santa Leocadia, a via que transcorre polo barrio do Pozo, na parroquia de Pacios. E por último o tramo que vai dende O Cruceiro da Ponte de Outeiro ata Veiga Vella, na parroquia de Pacios, que pasa polos barrios das Fontes, Queizada, Villamel e Villarede.
Castro Tellado explicou que a Deputación de Lugo acaba de aprobar, sen o apoio do PP, o Plan Único polo cal o Concello de Castro de Rei percibirá un investimento económico de 395.470 euros, que deben adicarse a obras e servizos de competencia municipal. “Por iso presentamos esta moción, para que teña en conta as demandas da veciñanza e execute obras que son prioritarias e necesarias nas nosas parroquias, con cargo a estes investimentos provinciais”, remarcou.
Ademais lembrou que na pasada anualidade 2021 o Concello de Castro Rei realizou melloras nas rúas Emilio Sinde Nieto, Manuel Becerra ata a Praza Maior, así como nos núcleos de Triabá, Quintela, Bazar e pavimentación da estrada dende a Igrexa de Bazar ata o límite municipal en Bardián coa inversión da Deputación, a través do Plan Único.