O Concello de Lugo denegou a licenza para o proxecto de Coeses no 2022

LugoXa
O PSOE de Lugo reúnese cos veciños das parroquias afectadas polo proxecto da fábrica de Coeses
Reunión-veciñanza-Coeses-psoe
26 Xuño 2024

O grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Lugo mantivo un encontro con preto de cen veciñas e veciños das parroquias de Coeses, Cuíña, Piugos, Soñar ou Santa Comba, entre outras, para achegarlles a información respecto ao proxecto da planta de biometano que a empresa Bioenergía quere construír en Coeses.

No transcurso do encontro lembrouse que despois de que o Concello denegase a licenza para o proxecto, no 2022, non se recibiu ningún tipo de solicitude sobre a planta de biometano, aínda que a alcaldesa Paula Alvarellos se comprometeu a informar á veciñanza no momento en que se pida a licenza. Ademais, desde o grupo municipal sinalaron que "imos estar moi vixiantes, como non podía ser doutro xeito, para que se cumpra a legalidade, e no ámbito urbanístico, que é competencia do Concello, miraremos o proxecto con lupa".

Por outra banda, os concelleiros ofreceron axuda para informar, asesorar e presentar alegacións ante a Xunta de Galicia, administración que declarou en outubro de 2021 este proxecto como iniciativa empresarial prioritaria, e que é ademais quen determinará se a planta cumpre ou non coa normativa medioambiental, como organismo competente nesta materia, que é precisamente a maior preocupación dos lucenses que viven nas citadas parroquias.

0.19974303245544