O PSOE de Monterroso denuncia o sobre custe que supón manter ao arquitecto municipal

LugoXa
El PSOE de Monterroso denuncia el sobre coste que supone mantener el asesoramiento del arquitecto municipal una vez cerrado el procedimiento.
10 Mar 2022

Dende o Grupo Municipal Socialista xa levan tempo denunciando a xestión do equipo de goberno do Concello de Monterroso para resolver o proceso de selección dun arquitecto municipal, que comezou en xuño de 2021 e que aínda acaba de resolverse recentemente.

Nesa liña critican que tras resolver o procedemento para ocupar de xeito temporal, e a través do programa da Deputación de Lugo, a praza de arquitecto municipal que estaba vacante, “o Concello de Monterroso continua pagando con cargos as arcas públicas municipais o asesoramento urbanístico que xa tiña contratado anteriormente, o que supón un custe de máis de 3.300 mensuais”.

Dende o Grupo Socialista de Monterroso puntualizan que esta contratación temporal é integramente subvencionable pola Deputación de Lugo, a través do Plan único, e conta cunha duración inicialmente de 12 meses. “Este procedemento ten que estar xustificado o día 31 de outubro de 2022, segundo a proposta que remitiu a Alcaldía a Institución Provincial, perdendo polo tanto dende o mes de outubro do ano pasado os meses de contratación”, advirten.

Así as cousas, e unha vez resolto o proceso de selección “o Grupo Socialista é coñecedor de que a nova técnica municipal comezou a prestar servizo dende o pasado 28 de febreiro a xornada completa, pero por outra banda tamén observamos que non se rescindiu o Convenio de colaboración que estaba asinado anteriormente, cos custes que isto implica”.

Diante deste panorama queremos avanzar “que presentamos un escrito no Concello para pedir explicacións por seguir mantendo en vixencia o convenio que supón un sobrecuste de 2.000 euros mensuais, xa que entendemos que é máis que suficiente un só técnico a xornada completa para despachar o volume de licenzas que se cursan no noso Concello”. No tempo que foron contratados estes servizos complementarios concedéronse 4 licencias e recadouse por ese concepto 945,09 euros. “Polo tanto, para ingresar esta mínima inversión o concello gastou 39.600 euros, un autentico escándalo”, din.

“Emprazamos á Alcaldesa a que se poña a traballar”
“Ademais emprazamos á Alcaldesa a que se poña a traballar para aprobar o P.X.O.M e Plan Especial do Casco Histórico, xa que os atrasos que acumula supoñen un grave prexuízo para os propietarios de solares, xa que se atopan con enormes dificultades para a obtención de licenzas de construción ou ven como se devalúan as súas propiedades por falta de aprobación deste proxectos, rexéndonos por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico que datan do ano 1997, quedándose obsoletas a realidade urbanística actual”.

Por último reclamamos “que se regularice a praza do Arquitecto Municipal, xa que este posto aparece recollido na RPT coa conseguinte dotación orzamentaria, un persoal que consideramos imprescindible para o bo funcionamento municipal”.

0.13948512077332