O PSOE de Outeiro denuncia o incumprimento de acondicionar a urbanización da Palloza

TerraChaXa | LugoXa
A voceira do PSdeG de Outeiro denunciou novamente "os incumprimentos do alcalde" en relación ao inicio das obras na urbanización A Palloza.
urbanizacion a palloza outeiro de rei
23 Out 2021

Carmen Acacio lembra que o pasado mes de marzo o Alcalde enviou unha carta a tódolos afectados polas actuacións do Plan Parcial da Palloza, “e dende aquela todos seguen esperando ao que o PP mova un dedo, para facer algo, e mentres a veciñanza sigue esperando e pagando os seus impostos sen contar cos servizos básicos nesta urbanización”.

A voceira do PSdeG no Concello de Outeiro de Rei, Carmen Acacio denunciou novamente "os incumprimentos do alcalde" en relación ao inicio das obras na urbanización A Palloza. “Xa que como denuncia a propia veciñanza seguen sen ter nin unha soa noticia das obras nesta urbanización tal e como se comprometera o Concello publicamente”, sinala.

Advirte “que a día hoxe, 20 anos despois dende que se remataron estas construcións, a urbanización non conta con servizos básicos como alumeado, farolas, as rúas están sen asfaltar e o cabreado a ras do chan e teñen luz de obra,  todo esta á monte nesta urbanización”, lamenta.

Acacio lembra tamén que o pasado mes de marzo o alcalde enviou unha carta a tódolos afectados polas actuacións do Plan Parcial da Palloza, “e dende aquela todos seguen esperando ao que o PP mova un dedo, para facer algo, e mentres a veciñanza sigue esperando e pagando os seus impostos sen contar cos servizos básicos nesta urbanización”, denuncia a Voceira.

Remarca ademais que o Concello fixo outro tipo de investimentos na vila, “que entendemos non eran tan prioritarios para a veciñanza, como por exemplo a pista de karting financiada con fondos públicos e que supuxo un investimento de preto de 225.000 euros, pero insistimos, na Palloza a día de hoxe seguen sen ter nin farolas, estas son as prioridades do PP”. E preguntase “onde van os 1,5 millóns de euros que cada ano aparecen nas contas do Concello para esta urbanización?” advirte.

0.15193009376526