O PSOE de Portomarín denuncia a escasa frecuencia de recollida de lixo
LugoXa
O PSdeG-PSOE de Portomarín denuncia a escasa frecuencia de recollida de lixo nas parroquias do concello.

28 Jun 2024
O PSdeG-PSOE de Portomarín denuncia a escasa frecuencia de recollida de lixo nas parroquias do concello. Desde a formación consideran que todos os veciños e veciñas do municipio teñen dereito a vivir nun entorno limpo e por iso reclaman unha maior frecuencia na recollida do lixo.
Como exemplo poñen a parroquia de San Mamede de Belaz na que aseguran que os contedores están durante días a rebordar, sen que se cheguen a baleirar. Esta demanda únese a petición que fan con respecto ao estado dun dos xardíns máis emblemáticos do concello.