O PSOE de Portomarín lembra as súas preguntas ao alcalde no pleno de decembro
O grupo municipal do PSOE de Portomarín quixo lembrar as cuestións plantexadas ao alcalde, Pablo Rivas, durante o pleno de decembro, que quedaran sen resposta clara ou acción por parte do goberno municipal.
Un dos temas centrais foi a cobertura da vacante no Centro Médico, unha cuestión que foi aprobada no pleno de setembro. O PSOE preguntou polas xestións realizadas para cubrir esta vacante, sen obter unha resposta concreta sobre os avances.
Ademais, o PSOE reiterou a súa preocupación sobre os orzamentos municipais, cuestionando se finalmente serán aprobados no ano 2025. O partido lembrou que o goberno de Pablo Rivas non foi capaz de aprobar os orzamentos desde 2021, o que xera unha gran incerteza sobre a xestión económica do Concello.
Tamén se planteou a cuestión da aprobación da Conta Xeral de 2023, sen obter aclaracións sobre cando se levará a cabo. O PSOE tamén insistiu na necesidade de coñecer o avance das obras solicitadas, como a instalación do quitamedos na estrada en San Fiz, unha petición realizada polo grupo socialista en agosto e que, segundo eles, segue sen ser atendida.
Outro dos puntos foi o "Protocolo" asinado coa Consellería de Medio Ambiente en marzo de 2023. O PSOE pediu contas sobre o destino dos fondos comprometidos nese acordo, sen recibir unha resposta detallada.
A situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) tamén foi un tema que preocupou ao grupo socialista, que solicitou máis información sobre os avances na súa tramitación.
Ademais, o PSOE preguntou sobre o peche do Punto Limpo durante o mes de decembro e sobre o estado das obras no Polideportivo Municipal e na Casa da Cultura, sen recibir actualizacións claras.
Finalmente, o grupo socialista cuestionou o estado das redes sociais do Concello, que consideran que non se están a utilizar de maneira adecuada para informar aos veciños e veciñas.
A resposta do alcalde, como é habitual, foi na liña de “está en trámite”, “en breve” ou “non sabe / non contesta”, deixando en dúbida a "capacidade do goberno local", segundo explican, para resolver as cuestións plantexadas pola oposición e os veciños de Portomarín.