O PSOE de Portomarín queixase de que o Concello non teña en marcha as escolas deportivas

LugoXa
Os socialistas de Portomarín denuncian a inoperancia do goberno do PP que nin sequera é capaz de programar as escolas deportivas do Concello
nenos deporte escolas
4 Nov 2021

A voceira do PSdeG no Concello de Portomarín, Silvia Rodríguez, denunciou hoxe que “as nenas e nenos da vila non poden desfrutar das escolas deportivas que tiña que ter programadas o concello como cada ano, co fin de poder desfrutar de iniciativas de ocio e aire libre para fomentar a súa psicomotricidade e a súa aprendizaxe, fundamental en época temperá”. Pero criticou “xa estamos en novembro e non se vislumbra nin unha soa iniciativa para os mais cativos”.

Así as cousas, a portavoz socialista lamenta que “haxa concelleiros do PP máis preocupados por amañar a súa vida e o seu futuro político, que en mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza e sobre todo en ocuparse e preocuparse dos problemas reais do Concello”, espetou.

“Dende o PSdeG fixémonos ecos das denuncias e queixas realizadas por nais e pais de Portomarín que non entenden como a dia de hoxe o Concello, no mes de novembro, aínda non presentará a programación destas actividades”, avanzou Rodríguez. 

“Por iso queremos anunciar que vamos a estar moi pendentes das decisións do novo goberno municipal e das súas propostas na nosa vila. A veciñanza necesita un goberno serio e responsable, o dos baños e os cantes xa pasaron a historia. Póñanse a traballar xa, e comecen polas escolas deportivas dos nosos pequenos”, insistiu a Voceira.

0.16894507408142