O PSOE denuncia que quede un só médico no centro de saúde Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
A voceira socialista na localidade, Carmen Acacio, alerta da “crítica situación” á que se enfronta a localidade con listas de espera de 10 días para unha consulta médica, e ata 15 días para receitas.
6 Mar 2024

A voceira socialista na localidade, Carmen Acacio, alerta da “crítica situación” á que se enfronta a localidade con listas de espera de 10 días para unha consulta médica, e ata 15 días para receitas.

A agrupación do PSdeG en Outeiro de Rei denuncia que no Centro de Saúde da localidade só atende un médico dos tres que o fan habitualmente. A voceira socialista, Carmen Acacio, alerta da “crítica situación” á que se enfronta o concello con listas de espera de 10 días para unha consulta médica, e ata 15 días para receitas.

Explicou que como único reforzo do servizo “puxeron un médico substituto que pasa consulta un día á semana durante dúas horas. E obviamente, non chega, porque non cubre as necesidades que temos en Outeiro”. Reprochou Acacio que “hai casos que non poden esperar, porque cando un enferma precisa dunha atención inmediata”.

“É intolerable que un Concello que supera os 5.000 habitantes só teña un médico en Atención Primaria. A xente que vivimos no rural non somos cidadáns de segunda, merecemos ter os mesmos dereitos que a xente que vive nas cidades”, valorou a socialista, quen engadiu que “é necesario que a Xunta actúe con urxencia” e ao Alcalde que defenda os seus veciños e veciñas “porque se teñen que desprazar máis de 15 quilómetros a Lugo para recibir atención básica”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1869740486145