O PSOE do Corgo reclama melloras en servizos básicos e vivendas sociais para a mocidade

LugoXa
Paco e Roberto denuncian a falta de traída de auga, problemas de acceso aos núcleos de poboación e a necesidade de promover vivendas para fixar poboación no municipio
concelleiros-PSOE-O-Corgo
29 Aug 2025

Paco e Roberto, concelleiros do PSOE do Corgo, lembraron a necesidade de mellorar os servizos municipais, especialmente no que respecta á traída de auga potable a todas as parroquias, á mellora dos accesos ás casas de certos núcleos de poboación e á creación de vivendas sociais para asentar a mocidade.

“Xa no programa que levamos nesta última eleccións de 2023 pediamos o aumento da traída de auga. Hai veciños de parroquias que non teñen traída e algúns tiveron que asumir un gasto de 3.000 euros para facer un pozo privado, o cal tamén é complicado polos permisos. Non é lóxico que un veciño, para ter un ben básico como a auga, deba facelo privado", denuncia.

Ademais, engade que "en sete anos non se fixo un metro de traída", polo que o Concello de Láncara cede a súa auga para chegar a certas parroquias pegadas á Pobra de San Xiao, "o que implica un gasto maior". Por iso, piden "que cada ano se destine unha partida orzamentaria para aumentar a rede de abastecemento de auga potable, explicou Paco.

Respecto aos accesos, ccomentou que “hai veciños que nos chaman con problemas de acceso ás casas por camións de reparto. Eu como bombeiro tería problemas para entrar nunha casa, porque o ancho dos vehículos non é o que era”. Ademais, lamentou que algúns camiños se desbrozaron tarde e outros non recibiron atención, afectando a mobilidade e seguridade.

En canto á poboación, Paco sinalou que “o Concello do Corgo está pegado a Lugo e podería servir para que a xente que non quere vivir na cidade, poida facelo aquí. Porén, pérdese poboación e incluso moitos rapaces van á Pobra de San Xiao. O Corgo ten un potencial enorme, pero os servizos básicos non chegan. Con 3.500 habitantes, é unha mágoa non potenciar que veña máis xente vivir aquí”.

Finalmente, sobre as vivendas sociais, o concelleiro destacou que “levamos anos loitando por iso. Hai un terreo embargado, a leira Neira Seara ao carón da cámara agraria, dentro do PXOM como zona urbana que podería servir para construír esas vivendas, pero desde o Concello compraron unha leira pegada ao centro de saúde que está fóra do PXOM e non se pode construír nela. Desde o PSOE queremos poñer en valor estas vivendas para asentar a xuventude”.

⚙ Configurar cookies
0.1576099395752