O Punto de Atención á Infancia do Corgo acolleu o espectáculo 'Brinca Vai' de Paco Nogueiras

LugoXa
Ao longo de 2024, a área de Cultura da Deputación de Lugo programou unhas 60 actuacións para público infantil en colaboración con concellos
PAI-O-Corgo
20 Dec 2024

O Punto de Atención á Infancia do Corgo acolleu o espectáculo 'Brinca Vai' de Paco Nogueiras, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada de Cultura, Iria Castro, acompañou ás crianzas do PAI e ás familias que asistiron ao espectáculo, onde sinalou “a importancia de achegar ás nenas e nenos actividades culturais e lúdicas en galego, que normalicen a lingua nos espazos de ocio e socialización infantís”.

Ao longo de 2024, a área de Cultura programou unhas 60 actuacións para público infantil en colaboración con concellos e asociacións culturais e de nais e país.

⚙ Configurar cookies
0.60042810440063