O punto de información turística volve á praza Maior de Lugo

LugoXa
A área de Turismo do Concello de Lugo retoma, un verán máis, a colocación do posto de información turística na praza Maior
Posto turismo
4 Xuño 2022

O Concello de Lugo retoma, un ano máis, a atención turística na praza Maior. Así o anunciou a edil titular de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, quen destacou a importancia de colocar un posto de información “que nos permite aumentar ano tras ano a cantidade de visitantes que reciben información turística á súa chegada a Lugo para mellorar a súa estancia na cidade".

Durante as campañas de verán e San Froilán do ano pasado, o punto de información turística atendeu en total a 17.880 persoas. Entre os visitantes que se achegaron ás distintas instalacións turísticas, destacaron os procedentes do resto de Galiza, ademais das principais zonas do estado como Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía.

Francia, Portugal, Reino Unido e Alemaña son os países con máis turistas estranxeiros rexistrados nas estatísticas municipais, onde hai rexistros de turistas de distintos países de todo o mundo.

0.20874810218811