O recinto feiral permanecerá aberto o 13 de outubro con prezos reducidos
LugoXa
Maite Ferreiro, anunciou que o recinto feiral abrirá un día máis con prezos reducidos ante a solicitude dos barraquista
10 Oct 2022
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o recinto feiral abrirá un día máis con prezos reducidos ante a solicitude dos barraquistas.
“Celebraremos o día dos nenos e nenas despois de escoitar a proposta das e dos empresarios do sector, permitindo que o recinto feiral prolongue a súa estancia un día máis a cambio de ofrecer prezos reducidos nos distintos postos”, explicou Maite Ferreiro.
A proposta, que contou co apoio da comisión de festas, supón ampliar un día máis e manter aberto o recinto feiral durante o xoves 13 de outubro, ofrecendo un prezo reducido de 3€ por viaxe nas atraccións para persoas adultas e de 2€ nas atraccións infantís.