O reitor Antonio López aclara que o edificio do vicerreitorado non se pecha

LugoXa
O reitor Antonio López realiza unhas declaracións para aclarar a polémica co peche do edificio do vicerreitorado
rectorUSC
18 Nov 2022

O reitor Antonio López manifestouse con respecto a última polémica polo peche do vicereitorado no que reiterou que “a USC non contemplou en ningún momento o peche e moito menos o desmantalemento desta infraestrutura universitaria”.  O Pazo de Montenegro permitirá reforzar a imaxe institucional e a presenza da USC na cidade de Lugo como espazo integrado nas dinámicas do tecido cultural, turístico e económico da capital luguesa.

O reitor da USC expresou a súa sorpresa diante da polémica xurdida por mor do traslado da actividade administrativa que viña desenvolvendo a institución académica no edificio do casco histório de Lugo a outras dependencias do campus universitario, unha decisión xa anunciada e consensuada con antelación e coa que se busca “unha maior eficiencia do labor administrativo e de xestión que desenvolve tanto o vicerreitor do Campus de Lugo como o resto do persoal universitario”.

O Pazo de Montegro mantén as funcións de espazo institucional e de representación da USC en Lugo, ao tempo acubillará as actividades culturais xa previstas e incluso verá reforzada a súa actividade coa posta en marcha das diferentes accións culturais incluídas no programa Impluvium, unha nova proposta que xa temos moi avanzada e que contribuirá a encher de vida un edificio, cuxa planta inferior acollerá unha tenda institucional da USC.

A apertura desta nova instalación nun enclave conectado coa Casa do Saber e co Museo Universitario A Domus do Mitreo, que este ano xa recibiu máis de 18.000 visitantes, dos que preto dun 10% procedían do estranxeiro e máis da metade doutras rexións españolas distintas a Galicia, reforzará tamén os fluxos turísticos neste enclave do caso histórico de Lugo, no que conflúen tres Patrimonios da Humanidade.

A celebración das sesións do ciclo de divulgación científica DivúlgaT, proxectadas para este mes de novembro na Casa do Saber, a organización dos obradoiros deseñados no marco da iniciativa Corresponsables, promovida en colaboración coa Xunta de Galicia e na que se agarda de participación de arredor de 500 mozos e mozas, ou a próxima reunión de directores e directoras de Hospitais Veterinarios de España, constitúen, entre aoutras, algunhas das accións máis ou menos inmediatas que se desenvolverán nos distintos espazos do Pazo de Montenegro.

tenda usc

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19833207130432