O reitor preside este venres en Lugo o acto académico de San Tomé

LugoXa
O reitor da USC, Antonio López, presidirá este venres 26 de xaneiro, a partir das 12.
santo tome aquino usc lugo
25 Jan 2024

O reitor da USC, Antonio López, presidirá este venres 26 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, o acto académico conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade.

O reitor abrirá esta sesión académica, no marco da que o catedrático da área de Nutrición e Bromatoloxía e profesor na Facultade de Veterinaria, Alberto Cepeda Sáez, ofrecerá unha lección maxistral baixo o título ‘Leite A2, unha oportunidade para Galicia’. Ao seu remate, o discurso do reitor da USC servirá de peche dun acto académico que a USC celebra tradicionalmente na súa sede universitaria luguesa e que congrega a autoridades académicas e políticas, ademais dunha nutrida representación da sociedade civil. A sesión pode seguirse por streaming.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19604396820068