O Residencia cadete ascende á Galega e o Castro a Preferente
A Cheda acolleu esta fin de semana o último partido dos play off de ascenso da provincial cadete á Liga Galega e no que o Residencia fíxose coa praza vacante.
O conxunto lugués venceu ao Vilalbés por 5-0 no segundo partido da final e xa no primeiro, celebrado en Vilalba, venceu por 0-1.
Deste modo, o Residencia cadete únese ao xuvenil e o infantil, que tamén están na mesma categoría, polo menos polo de agora. O conxunto xuvenil están aínda en zona de perigo a dúas xornadas do final da Liga e o infantil, que xa finalizou a tempada, salvou os mobles e continuará un ano máis na categoría.
Por outra banda, o CD Castro logrou o ascenso de forma directa este domingo tras vencer ao Pastoricense e perder o Atlético Escairón a domicilio. Deste modo, a falta dunha xornada, o club chairego, logra o pase directo á categoría superior, na que xogou varias tempadas anteriormente.
O equipo de Primeira intentouno xa o ano pasado, xogando os play off pero non puido ser e nesta ocasión logra o único posto de ascenso directo xa que o outro será por play off. Deste modo o Castro queda campión de grupo, polo de agora cinco puntos por riba do equipo do Saviñao.