O Ribeira alevín masculino proclámase subcampión de España
LugoXa
O Ribeira alevín masculino pechou unha gran tempada na que foi campión galego coroándose como subcampión de España
17 Xuño 2024
O Ribeira alevín masculino pechou unha gran tempada na que foi campión galego coroándose como subcampión de España tras o encontro co Barcelona. Este partido chegaba tras a vitoria contra o Monprisala na quenda de penaltis nas semifinais. Os lugueses caeron contra os cataláns firmando un axustado 2-3 que lle daría o título aos anfitrións.