O Ribeira FS comeza a liga a fin de semana do 18 de setembro

O Club Ribeira Fútbol Sala comezou no día de onte os adestramentos para preparar o inicio desta nova tempada.
club ribeira fs futbol sala
11 Ago 2021

O Ribeira FS comezou no día de onte os adestramentos para preparar o inicio de tempada. Despois de anunciar as renovacións e as novas fichaxes, o equipo ribeirense, que militará un ano máis na 2ª división B do fútbol sala, comezou a preparar o inicio de tempada co novo preparador físico, Javi Dovale.

Así pois, dende o club informaron que Simón, recentemente fichado polo Vilalba FS, e Samu non continuarán no senior masculino esta tempada que entra. Sen embargo, a plantilla conta coas renovacións dos tres capitáns, David Quintela, Javier Regueiro e Francisco Álvarez, así coma a de Carlos Areñas, Ignacio González, Christian López, Carlos Toimil, Fran Monterroso, Pablo Villar, Dani Quintela e Pablo Díaz, mantendo case por completo a estructura do ano pasado.

Para completar o equipo, uníronse ao grupo tres novas fichaxes que xa comezaron a adestrar co equipo no día de onte e son Jhordan Sebastian Escobar, Iker Varela e Adrián González; os dous primeiros pertencentes ao Lugo Sala, mentras que o segundo volve a Lugo despois dunha longa tempada na liga italiana.

Así mesmo, o equipo dirixido por Arcadio Veiga ten en conta en todo momento a base do club, polo que xa comezaron a adestrar co primeiro equipo cinco xuvenís -Antón, Gabri, Raúl, Nico e Guille-, algúns deles xa chegaron a debutar o ano pasado na 2ª división B e este ano intentarán gañarse un posto neste primeiro equipo.

A liga regular iniciarase o vindeiro 18 - 19 de setembro na casa o Ies Coruxo, sen embargo, os partidos oficiais comezarán antes coa Copa Galicia, na que o Ribeira FS disputará a segunda fase a fin de semana do 11-12 de setembro. Unha tempada ilusionante na que o equipo ribeirense buscará manter a categoría e conseguir o mellor posto posible na clasificación.

0.19947195053101