O Río Breogán inicia a Liga Endesa contra o Lenovo Tenerife
Xa se coñece o calendario do Río Breogán na súa volta á Liga Endesa. Desta maneira, o equipo lucense comezará a competición contra o Lenovo Tenerife no fortín de Lugo, no Pazo dos Deportes, onde tamén a rematará o 15 de maio contra o Unicaja.
O equipo dirixido por Paco Olmos xa está confeccionando o equipo que iniciará a liga o vindeiro 18 de setembro ás 18 horas. Xa se coñecen algunhas das caras novas das que se poderá disfrutar no Pazo nesta nova tempada como son Dzanan Musa, un aleiro de 22 anos que conta con experiencia na NBA, Rašid Mahalbašić, un pivote esloveno con gran regularidade, Marko Lukovic, Tyler Kalinoski e Bell- Haynes, un base internacional con Canadá procedente da Bundesliga.
A eles súmanse os xa renovados Sergi Quintela, Mindaugas Kacinas e Adam Sollazzo. Aínda quedan movementos por facer pero, independientemente dos xogadores cos que se conte, o capitán do barco Paco Olmos xa indicou os pasos fundamentais para conseguir os obxectivos deste ano: esforzo, traballo, compromiso e capacidade de sufrimento.