O río Miño en Lugo supera o nivel de prealerta e recomendan non transitar polo paseo fluvial

LugoXa
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil alerta de crecidas e pide á cidadanía evitar zonas inundables para garantir a seguridade
desbordamento-río-recurso
6 Feb 2026

O Centro de Control de Cunca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este 6 de febreiro que a estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) N001, situada no río Miño en Lugo, rexistrou niveis que superan o umbral de prealerta (nivel laranxa), cunha evolución que fai prever situacións significativas de crecida.

Dende a Área de Transición Ecolóxica recomendan non realizar tránsito peonil no tramo do Paseo do Miño comprendido entre o Balneario de Lugo e o restaurante O Muíño debido á subida do río ao seu paso pola cidade.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para que non se achegue ás zonas inundables próximas aos ríos, co obxectivo de evitar riscos innecesarios e garantir a seguridade de todas as persoas.

⚙ Configurar cookies
0.08067512512207