O rock e as motos volven a Lugo esta fin de semana no festival Chicken Run

LugoXa
A cita volve á estrada vella de Santiago cunha variada selección de concertos nesta oitava edición na que estarán Sr. Salvaje, King Sapo e Five Strings Band
Chicken-Run-portada
31 Maio 2024

Os amantes do rock e das motos encóntrase en Lugo este venres 31 de maio e o sábado 1 de xuño para gozar da oitava edición do Chicken Run. A cita volve á estrada vella de Santiago cunha variada selección de concertos. O venres comeza o programa coas actuación de Néstor Pardo, Los Pontiaks e Connie the Rockets.

O sábado os asistentes poderán gozar dos concertos de Sr. Salvaje, King Sapo e Five Strings Band. O Chicken Run non é un festival nin unha concentración de motos, é unha reunión da xente máis auténtica e dos grupos de rock & roll nun ambiente afastado de modas e estereotipos, co obxectivo de xuntarse e gozar deste estilo de vida na kustom party más tola de Galicia.

0.21842789649963